ACTIVIDADES DE INTERESE

CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN GALICIA

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fai unha convocatoria de probas presenciais de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
Destinatarios
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
A rede CeMIT ten publicado na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática», asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.
A rede CeMIT ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas
Solicitudes
As persoas que desexen participar nas probas deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal)O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de outubro de 2018.

Máis información no DOG do 10 de outubro de 2018 e en https://cemit.xunta.gal

CAMPO DE TRABALLO TRANSFRONTERIZO EUROCIDADE 2020


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca un campo de traballo transfronteirizo no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

Finalidade: promover e estimular o espírito emprendedor da mocidade galega e portuguesa a través de novos métodos formativos de autoestima baseados en “aprender facendo”.

Destinatarios/as: mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, ambas inclusive.
Cobertura:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito da actividade.
- Equipos técnicos.
- Acompañamento por equipo técnico.
O mozo ou moza non fará ningún tipo de achega económica ao programa, só o que se refire ao desprazamento ocasionado desde o seu domicilio ata a zona transfronteiriza Chaves-Verín.
Número de prazas: 10
Datas de realización: do 15 ao 21 de outubro de 2018.
Entrada: 15 de outubro a partir das 12:00 horas
Saída: día 21 de outubro antes das 14:00 horas
Localización:
Eurocidade Chaves-Verín
Antiga aduana
Avda. Portugal, s/n Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense 

Selección: por estrita orde de reserva de praza. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia do Documento Nacional de Identidade.
Prazo de inscrición: do día 25 de setembro ao 10 de outubro do 2018 ás 14 horas, ambos inclusive.

CURSO MONITOR/a TEMPO LIBRE OURENSE

ESTOU (Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense) convoca un curso de monitor/a de tempo libre.
Datas:
Outubro: 19, 20, 21 - 26, 27, 28
Novembro: 2, 3, 4 - 9, 10, 11 - 16, 17, 18 - 23, 24, 25 - 30
Decembro: 1, 2 - 14, 15, 16
Horario: Venres: de 16 a 21 horas. Sábado e domingo: de 9 a 14, de 16 a 21 horas
Lugar: Pavillón de estudantes (xunto B. Santander). Campus de Ourense.
Prezo: 150 € (120 € con moeda social)
Máis información:
facebook.com/escolaestou
secretariaestou@gmail.com
escolaestou@gmail.com

CURSO MONITOR/A TEMPO LIBRE OURENSE

A Escola de tempo libre e animación socioculural Don Bosco convoca un curso de monitores/as de actividades de tempo libre en Ourense.
Datas:  do 1 de novembro ao 29 de decembro do 2018
Horario:  9:00h-14:00h, 16:00h-21:00h
Lugar:  Centro Xuvenil Amencer. Praza Don Bosco 1. Ourense

Teléfono:  988 218 123


BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE


  • Club de DEBATE interxeracional: os mércores ás 19:30h.
  • LECTOR VIAXEIRO: unha vez ao mes un voluntario comparte a súa experiencia dunha viaxe. Consultar datas na biblioteca.
  • Club de SENDEIRISMO: un grupo de lectores/as apaixoados pola natureza e o aire libre fan saídas polos concellos dos arredores as fins de semana. 
  • Clubs de LECTURA: están compostos por grupos de persoas estables co propósito común de ler, comentar o lido e coñecer xente. Os grupos de lectura son: club de lectura de adultos, club de lectura de poesía hispanoamericana, club de lectura en galego, club de lectura en francés, club de lectura xuvenil e tertulia en inglés. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario